Que facemos o sábado? Xa temos plan! Sábado solidario!
O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado 15 de marzo o Festival Solidario a beneficio da ONG Médicos sen Fronteiras.
A que hora quedamos? O festival dará comezo ás 18:00 horas.
Canto costa? O prezo da venta das entradas é de 5 €. Poden adquirirse nas billeteiras do Pazo da Cultura, en horario de mañá e de tarde.
Quen vai participar? Neste Festival Solidario, contarase coa participación altruista dos seguintes grupos:
- Agrupación de Baile Infantil “Sementeira” de Narón.
- Escola de Bailes de Salón “Tedaga”.
- Coral “Amistade” de O Couto.
Exposición fotográfica
Para aquelas rapazas e rapaces aos que nos gusta a fotografía, non queda a cousa aí!
Durante esta semana pode contemplarse no hall do Pazo da Cultura unha exposición fotográfica de Médicos sen Fronteiras, na que se trata de amosar a realidade do terceiro mundo, e as dificultades da poboación para acceder á medicina.
Conforman a mostra 40 instantáneas que reflicten, na súa maioría, historias da África Subsahariana.
O horario de visita é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.