Os arredores do Pazo da Cultura de Narón acolleron o pasado 7 de maio a celebración da carreira pola lingua "Correlingua 2015" na que tomaron parte un total de 945 estudantes de Educación Infantil e Primaria de 11 colexios da comarca. Case nada!
Que centros participaron?
Fene:
- CEIP Centieiras.
- CEIP Os Casais.
Ferrol:
- CEE T. Ferrol
- CEIP Recimil
- CEIP Esteiro
- CEIP Isaac Peral
Narón:
- CRA Narón
- CEIP A Solaina
- CEIP Piñeiros
- CEIP Virxe do Mar
Neda:
- CEIP Maciñeira
A que hora comezou o programa? Ás 9:45 horas, coa chegada dos escolares en autobuses e a realización dunha carreira simbólica no exterior do Pazo.
Que actividades se desenvolveron no exterior do Pazo? Procedeuse á lectura dun Manifesto pola lingua e despois realizáronse varias actuacións dentro do auditorio, realizadas por un grupo da Escola de Actores e Actrices de Narón que se encargou de desenvolver unha sesión de contacontos, e o cantante Paco Nogueiras que puxo a nota musical ó evento.
Contaronnos que houbo un presentador de luxo? Así foi, nin máis nin menos que Xurxo Souto, membro dos Diplomáticos de Montealto.
Quen organizou o "Correlingua 2015"? Este evento está organizado pola agrupación de CIG-Ensino, a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística. O Concello de Narón colaborou sufragando o transporte dos alumnos/as e profesores dos 4 colexios de Narón que participaron neste programa. A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, estivo presente na gala, manifestando así o seu apoio a este evento.