Amig@s de Dameuntoke! Estade atentos que esta nova é cousa de todos e todas!
A Corporación Municipal de Narón aprobou o día 27 de marzo en Pleno Ordinario unha moción pola que se adhiren a un acordo da Xunta Xeral do Padroado de Deportes adoptado o pasado 26 de pleno acordo de todos os presentes.
Que acordaron nesa Xunta Xeral? O acordo foi para facer chegar unha queixa escrita á Deputación de A Coruña, pois o Padroado estimou que este órgano público provincial non ten interese ningún en conceder subvencións, as correspondentes ao 2012, ás entidades deportivas naronesas. O Pleno Municipal aprobou hoxe a moción pola que dende o Concello tamén se adhiren a esta queixa que lle vai ser enviada á presidencia de Deputación da Coruña e aos grupos políticos presentes nese organismo.
Xentes de Dameuntoke! Vós sodes mentes inquedas e seguro que queredes saber cales son os criterios que rixen a concesión destas subvencións, non si? Como se trata de subvencións públicas e para o deporte, en teoría deberían aplicarse baremos obxetivos que tiveran en conta os resultados de cada clube, o número de beneficiados da actividade desa entidade deportiva,...non? Parece o máis lóxico, pero vexamos...
Os criterios que aparecen publicados no anuncio do BOP do día 22 de marzo de 2013 sobre a concesión de subvencións do ano 2012 a entidades deportivas por parte de Deputación Provincial de A Coruña son os seguintes:
- Técnicos: Valórase o coeficiente de financiamento, o número de beneficiados, o grao de xustificación das subvencións do 2011 e o emprego da lingua galega. Sumándose estes criterios, obtense unha puntuación máxima de 70 puntos.
- Políticos: Valórase a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial. A puntuación deste apartado pode chegar aos 30 puntos.
As subvencións concédense só a aquelas entidades que obteñan unha puntuación superior aos 70 puntos. Que acontece con esto? Pois o problema é que deste xeito poden quedar fora da concesión de subvencións aqueles clubes que teñan a máxima puntuación técnica, sendo determinantes os criterios de interese político.
Dende o Padroado de Deportes o desacordo é porque consideran que estes criterios son arbitrarios e que provocan que os clubes solicitantes de Narón se vexan claramente perxudicados fronte aos doutras localidades.
A denuncia desta situación, así coma a proposta de formular unha queixa formal ante a Deputación de A Coruña, foron promovidas pola Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.