O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 29 de novembro o espectáculo de teatro-circo “Cabaret Elegance”
O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 29 de novembro o espectáculo de teatro-circo “Cabaret Elegance” producido pola compañía Elegants. Comenzará ás 20:00 horas e as entradas poden adquirirse xa nas billeteiras do Pazo da Cultura, ó prezo de 9,50€ para público xeral e 6,65€ para
abonados, usuarios do carné xove ou estudante, e desempregados.
Cabaret Elegance traerá a Narón bo humor, moito glamour, elegancia e sobre todo moito circo. Trátase dun fabuloso espectáculo cunha escenografía orixinal, unha coidada posta en escena e unha sucesión de números de gran nivel. Combínanse diferentes técnicas de circo como o trapecio, equilibrios mastro chinés, monociclo e malabares, e a comicidade como linguaxe condutora, que culminará cun fantástico número de trapecio triplo.
Os protagonistas son catro artistas de circo cunha longa traxectoria profesional: Adriano MarÇal “Dico”, Ramiro Vergaz, Ignasi Gil e Jordi Juanet “Boni”.