A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, fixo público o fallo do xurado do “VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”.
Na rolda de prensa felicitou os tres premiados, que recibirán o próximo 7 de decembro, ás 12:00 horas, un cheque polo importe correspondente nun acto público que se fará no Concello.
En total foron 128 as imaxes presentadas por 40 participantes. Hai que destacar que maior parte foron veciños e veciñas de Narón, aínda que tamén se recibiron imaxes dende Ferrol, Fene, Miño e Cambre.
Os tres primeiros clasificados cos seus premios foron:
- 1º premio: Ddotado con 750 euros, foi para José Antonio Serantes, de Narón, coa imaxe “Día da Bicicleta”
- 2º premio: De 300 euros, foi para Francisco Javier Rodríguez, de Narón, pola fotografía titulada “Ribeira do Río Grande”
- 3º premio: De 150 euros, para Laura González, de Cambre, por “Ponte medieval de Pielas”
O xurado formárono os fotógrafos:
- Kiko Delgado, de El Correo Gallego.
- Jesús G. Taboada, propietario do estudo F64 Fotógrafos.
- Daniel Alexandre, de Diario de Ferrol.
As tres imaxes gañadoras formarán parte, xunto con outras nove presentadas do calendario de sobremesa que editará a Concellería de Turismo para o vindeiro ano 2017.
Deixámosvos as imaxes gañadoras no arquivo PDF adxunto.
Documento | Tamaño |
---|---|
ImaxesGañadoras.pdf | 704.14 KB |