NOVAS

O venres ábrese o prazo de inscrición para participar no 5º Mercado de Segunda Man

Publicado o 19 de Novembro de 2014

Guau¡

Guau! Xa imos pola 5ª edición do Mercado de Segunda Man! Parece que foi onte cando comezaron estes mercados...xa nos tarda ir a ver se hai algún trebello interesante! Abofé que si...

Mª del Mar Gómez, Concelleira de Feiras e Mercados, abrirá o venres 21 de novembro (este próximo venres!) o prazo de inscrición para participar na 5ª edición. Como sempre este evento celebrarase no Recinto Feiral do Trece, este ano o día elixido é o domingo 21 de decembro.

Horario? 

 

  • Sesión de ventas matinais: De 11:00 a 14:00 horas
  • Sesión de ventas á tardiña: De 16:00 a 20:00 horas

 

Como facer a inscrición? É moi sinxelo como sempre!

As persoas interesadas en participar deberán cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá. En total... haberá 120 postos, repartidos entre as dúas naves da Feira, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

As normas? Habelas hainas! Os participantes deberán ser maiores de idade, e non poderán ser comerciantes nin vendedores ambulantes. Ao igual que en edicións anteriores, non se admitirá a venta de animais, produtos alimenticios ou bebidas.

Canto costa? A inscrición é de balde, e esixirase compromiso de asistencia e a aportación solidaria de 1 quilo de alimentos ou produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Teño que levar material? Claro, pero só todas aquelas cousas que queiras vender! A organización proporcionará unha mesa e unha cadeira a cada participante inscrito.