Rapaces e rapazas que amades o deporte!
Temos o ximnasio do Complexo Polideportivo de A Gándara 100% "tuneado"!
A Concellería de Deportes de Narón dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de realizar durante o pasado verán diferentes obras de mantemento e mellora das instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, por importe total de 29.480,44€.
A maior parte da inversión procede de fondos municipais do Concello de Narón, agás unha aportación de 4.603,15€ da Deputación de A Coruña, que supón tan só o 15% do total.
En que consistiron estas obras?
- Reparación e reposición do falso teito do Ximnasio do Pavillón Polideportivo (22.276,10€).
- Reforma do chan do Ximnasio (6.969,60€).
- Instalación de cortinas no Ximnasio (234,74€).
Agora tócanos coidalo e disfrutalo uns anos máis!