Andades perdidiñ@s sen saber que camiño seguir no mundo laboral? Ei, non vos desanimedes!
O Concello de Narón vai acoller un Obradoiro de Orientación Laboral que foi solicitado no seu día pola Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, dentro do programa ACTIVA 2013.
Este obradoiro desenvolverase o vindeiro 25 de setembro en horario de tarde, durante 2 horas aproximadamente.
Está destinado a moz@s entre 16 e 30 anos fundamentalmente, os maiores de 30 poderán asistir igualmente pero non van recibir o diploma acreditativo.
Os contidos que van tratar son os seguintes:
Introdución sobre as técnicas de busca de emprego:
- Autoavaliaci6n do candidato: analise DAFO.
- Coñecemento do mercado laboral xuvenil: posibles nichos de emprego.
- Medias para atopar emprego.
- Programa Emprende, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Ferramentas para a busca de emprego
- Currículo: modelos.
- Carta de presentación.
A entrevista de traballo
Se tedes interese en asistir tédesvos que apuntar na OMIX do Concello de Narón (http://dameuntoke.naron.es/es/omix). Se queredes máis información podedes escribir a: omix@narón