NOVAS

Obradoiro para a mocidade de Narón: "Activando o teu futuro"

Publicado o 04 de Novembro de 2014

A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida

ven de anunciar a próxima celebración do obradoiro Activando o teu futuro incluído no programa ACTIVA da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

A quen vai dirixido? Está dirixido a moz@s de Narón

Cando comeza o prazo de inscrición? As persoas interesadas poden inscribirse dende hoxe, día 4 ó 17 de novembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello (situada no 1º andar). 

Cantas prazas se ofertan? Ofértanse 30 prazas

Canto vai costar? O obradoiro é de balde, por 0 euros!

Cando se vai celebrar? O taller terá lugar o vindeiro mércores 19 de novembro na sala de conferencias e exposicións da Biblioteca Municipal do Alto, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

O programa ACTIVA xurde con vocación de constituírse nunha acción formativa valiosa no ámbito da educación non formal, co obxectivo de proporcionar á mocidade ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a xuventude galega.

O obradoiro "Activando o futuro" consistirá nunha xornada de motivación relacionada co emprego e o autoemprego, así coma o análise das oportunidades de traballo e competitividade no mercado laboral.

Cale é o obxectivo desta iniciativa? Preténdese aportar ferramentas para @s moz@s que permitan optimizar as súas habilidades e destrezas na toma de decisións respecto ó seu futuro ocupacional ou profesional.

Que contidos sevan a tratar neste obradoiro?

  1. Define o teu obxectivo
  2. Simplifica o teu currículum
  3. A proba das redes sociais
  4. Adquire formación
  5. A importancia da educación non formal e o voluntariado
  6. Empresas especialistas nas redes sociais
  7. Descubre a túa vocación e activa a túa creatividade
  8. Creación dunha rede de contactos de emprego

Descarga a solicitude de inscrición e apúntate xa! Non o deixes para o final!

   
Documento Tamaño
20141103094059.pdf 76.45 KB