NOVAS

Obradoiro sobre recursos en galego para familias con nen@s entre 0-6 anos

Publicado o 04 de Novembro de 2015

A Bilbio do Alto vai acoller mañá xoves, 5 de novembro, o obradoiro de recursos en galego “Alí”, dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos e ás súas familias.

Cal é o seu prezo? A actividade é de balde.

Como se poden inscribir as persoas interesadas? Precísase inscrición previa xa que só hai 20 prazas. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do correo electrónico: a.pita@naron.es, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. Terán preferencia á hora de asistir as familias que están adheridas ao proxecto Apego, ao estar enmarcada a actividade dentro da citada campaña do Servizo de Normalización Lingüística.

Máis información de interese:

  • Acompañantes: As persoas menores de idade só poderán estar acompañados por un máximo de dous adultos.
  • Sobre os horarios: O obradoiro comezará a desenvoverse ás 17:00 horas
  • Duración da actividade: Aproximadamente 2 horas. 

Un dos obxectivos deste obradoiro é, en palabras da Concelleira de Ensino Mercedes Taibo: “dar a coñecer recursos en galego ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos dun xeito divertido e práctico”.

Quen imparte a actividade? A empresa Fabaloba encargarase de impartir esta actividade, que se desenvolve a través dun conto que narra un día na vida de Iria, unha nena que se mudou a unha casa máxica. Cancións, música e xogo sucederanse nesta convocatoria na que se dará a coñecer diverso material en galego destinado aos nenos e nenas.

 

  1. Ao remate da actividade realizarase unha presentación do portal “Alí, recursos en galego para a educación infantil”: http://aliali.fabaloba.com/

 

Ollo, que non queda aí a cousa! A maiores, os sábados 14 e 21 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, “Alí” vai achegarlle  ao persoal formador das escolas infantís municipais de Narón recursos pedagóxicos en galego para o seu aproveitamento cos nenos e nenas de 0 a 3 anos.