NOVAS

Obradoiros audiovisuais na Bilblioteca do Alto

Publicado o 10 de Outubro de 2014

Tedes inquedanzas polo audiovisual?

Pois dende a Biblioteca Municipal do Alto envíannos esta información sobre dous obradoiros superchulos que se van celebrar os sábados 11 e 18 de outubro.

 

  • Obradoiro de LIPDUB: Tes entre 5 e 14 anos? O obradoiro para @s máis peques da casa consistirá na realización dun Lip Dub polas instalacións do edificio da Biblioteca. @s protagonistas e guionistas deste audiovisual seredes vos mesm@s! O horario desta acitvidade será de 10:00 a 11:30 horas.
  • Obradoiro de STOP MOTION: Tes máis de 15 anos? Non te amoles! Tamén temos algo para ti! De 11:30 a 13:00 horas terá lugar o obradoiro de Stop Motion, unha técnica de animación audiovisual moi popular. Neste obradoiro tamén seredes vós @s protagonistas e/ou guionistas, bótate a tremer Hollywood!

 

Queredes reservar a vosa praza? Bulide ata a Biblioteca ou collede a polo teléfono, chamade ao 981 382 173 e facede a vosa reserva! 

Esta actividade está organizada pola Concellería de Ensino e Bibliotecas, dentro do programa Bibloespazo, do Servizo Sociocomunitario Municipal.