A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o resume semestral da actividade rexistrada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), correspondente ó período de xaneiro a xuño de 2014.
Cales son os nosos números neste semestre?
- A OMIX atendeu un total de 2.300 consultas presenciais feitas polos usuarios deste servizo
- 600 realizadas por correo electrónico
- 30 a través desta web.
Das consultas feitas en persoa podemos sinalar como datos interesantes:
- 1.000 foron formuladas por homes
- 1.300 por mulleres.
- A maioría da poboación atendida sitúase na franxa de idade de persoas maiores de 30 anos (39,13%) seguido do colectivo de 20 a 29 anos (26,30%). O resto, correspóndese cos colectivos de 15 a 19 anos (25,86%) e menores de 14 anos (8,69%).
Cales son os temas polos que máis nos preocupamos?
- A maioría das cuestións formuladas foron referentes ó Emprego (810)
- Bolsas e Axudas (599)
- Estudios e Formación (580)
- Programas da Dirección Xeral de Xuventude (362)
- Carnés (199),
- Campamentos e Viaxes (142)
- Formación Ocupacional (125)
- Idiomas (90)
- Voluntariado (40)
- Premios e Concursos (28)
- Asociacionismo (20).
Onde estamos? A OMIX está situada no 1º andar do Concello e abre en horario de atención ó público, de luns a venres de 8:00 a 13:00 horas. Tamén pódese contactar por correo electrónico (omix@naron.es) ou por teléfono (981 33 77 00- ext. 1103).
Ollo, que fixemos máis cousas, eh! Ademáis das consultas dos usuarios, a OMIX levou a cabo outras actividades:
- Escola de Música Moderna, na que se imparten clases de batería, baixo, guitarra, e iniciación á música e conta con 30 alumn@s
- Aulas de ensaio para grupos noveis, que conta con 7 grupos, cun total de 27 componentes.
- XII Encontro Local da Mocidade, no que participaron 600 moz@s.
- Páxina web da Concellería de Mocidade cun total de 9.691 visitas.
- Redes sociais: Facebook de Dameuntoke conta con 3.739 seguidores e Twitter outros 581.