A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, presentou o resume anual da actividade da OMIX no 2013.
Sabedes onde atopala non? A OMIX está no1º andar do Concello e abre de luns a venres de 8:00 a 13:30 horas. Tamén podedes mandar un email a : omix@naron.es, ou se preferides, chamar por teléfono ao 981 33 77 00- extensión 1103.
O ano pasado a través dunha destas tres canles a OMIX atendeu no ano pasado a un total de 4.702 usuarios, dos cales 1.943 foron homes e 2.759 mulleres. Non está mal, non?
Pero non queda a cousa aí, no 2013 a OMIX levou a cabo actividades organizadas dende esta oficina, e tamén en colaboración con outras entidades, coa participación de case 700 mozos e mozas en conxunto.
As actividades organizadas pola OMIX foron:
- Escola de Música Moderna, onde se imparten clases de batería, baixo, guitarra, e iniciación á música para un total de 30 alumn@s
- Aulas de ensaio para grupos noveis que foron usadas en 18 ocasións
- Kedada-xornada de encontro da mocidade con estudos superiores para a busca de alternativas creativas con 30 participantes
E as actividades organizadas en colaboración con outras entidades:
- XI Encontro Local da Mocidade, en colaboración co Club Tiro con Arco de Narón, Club Tenis de Mesa, Coro IES Terra de Trasancos, Coro Os Anxos de Nelu, Sobre Rodas Patinaxe, e Trasnos de Fene, no que participaron 400 moz@s.
- Carpa Xplora Mocidade , en colaboración coa Xunta de Galicia, con 100 visitantes.
- Obradoiro Activa sobre Orientación Laboral, en colaboración coa Xunta de Galicia, con 24 participantes.
- Obradoiros Actívate de Patinaxe e Graffiti no Nadal, en colaboración con Sobre Rodas Patinaxe e graffiteros con 75 participantes.
Para difundir as actividades que se realizan dende a OMIX, existen varios canles de comunicación:
- Revista semestral Dameuntoke: no ano 2013 editáronse os números 8 e 9 desta publicación gratuita, dirixida a moz@s de Narón e que se reparte nos centros educativos e lugares de interese (Casa da Mocidade, Biblioteca, pavillóns polideportivos, Pazo da Cultura, etc…)
- Páxina web da Concellería de Mocidade (www.dameuntoke.eu) : no ano 2013 tivo un total de 14.805 visitas.
- Redes sociais: Facebook de Dameuntoke rexistrou 3.547 seguidores e Twitter outros 337.
- Outros canles: páxina web do Concello, pantallas dixitais instaladas nos barrios de Narón, taboleiros informativos, folletos, e-mails, e antenas informativas nos IES.