Tedes xa "plan" para a primeira madrugada do ano? Por que non pasala na Praza de Galicia tod@s xunt@s?
A carpa baixo a que se celebrará a festa para despedir o ano e dar a benvida ao 2016 está xa habilitada para que os veciños e veciñas poidan gozar, o día 1 de xaneiro a partir das 00:30 horas, pouco despois das campanadas, dunha gran festa na localidade.
Xunto á carpa de 4.000 metros cadrados de superficie hai outras dúas de menores dimensións –duns 250 metros cadrados cada unha- habilitadas como hall e de descanso e a escasos metros dúas casetas móbiles con aseos para homes e mulleres.
A celebración contará coas actuacións das orquestras New York e Imperium Road Show e do DJ Donper, que amenizarán a convocatoria durante toda a noite. A edil de Festas, Mar Gómez, animou á veciñanza a sumarse a esta convocatoria, que conta cunha gran aceptación na localidade, para así “recibir xuntos os veciños e veciñas de Narón a chegada do ano 2016”.
Vémonos na Praza de Galicia, chega o 2016, ala imos!!