Aínda que son unha das partes máis importantes que ten o noso corpo son os grandes esquecidos en canto a coidados se refire.
Sabíades que:
- os vosos pés percorren unha distancia oito veces a volta ao mundo ao longo da vosa vida?
- un axeitado coidado dos pes pode previr afeccións nos xeonllos, cadeiras e costas e pode axudar a mellorar a vosa calidade de vida?
Aínda que son unha das partes máis importantes que ten o noso corpo son os grandes esquecidos en canto a coidados se refire.
Os problemas máis comúns dos pés:
- callos, durezas, e outras alteracións dérmicas
- fungos
- papilomas
- alteracións nas uñas: encarnadas, grosas...
- dedos tortos
- problemas no apoio
- metatarsalxias: dor na pranta, neuromas...
Hai un profesional que vos pode axudar: o podólogo. Podólogo? o que? Podólogo é o especialista sanitario universitario que se encarga de facer a prevención, a diagnose e o tratamento dos problemas nos pés.
Queredes coidarvos un pouco máis? Aquí tedes uns consellos básicos:
- lavar os pés tódolos días, con xabón neutro e auga tibia
- secalos con coidado, sobre todo entre os dedos
- manter unha boa hidratación dos da pel dos pés, pero sen deixar crema entre os dedos xa que favorece a aparición de fungos
- cortar as uñas dos pes rectas
- medias e calcetíns de fibras naturais a poder ser: seda, fío, lá... e sen que vos opriman
- non manipular as lesións, pode ter graves consecuencias: nada de usar callicidas, ou coitelas
- practicar exercicio regularmente axuda a activar a circulación sanguínea dos pés
E non esquezades ir unha vez ao ano ao podólogo! Non sabedes onde podedes atopar un? En Galicia temos o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia: http://copoga.com/
Se vos gusta moito o tema da saúde e do coidado dos pés, e queredes dirixir o voso futuro académico por ese camiño debedes saber que no Campus de Ferrol, a Universidade da Coruña ten as instalacións da Facultade de Enfermería e Podoloxía: http://www.enfermeriaypodologia.com/