NOVAS

Participa no Corpo Europeo de Solidaridade

Publicado o 27 de Decembro de 2016

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha nova iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que os mozos traballen como voluntarios ou colaboren en proxectos, nos seus propios países ou no estranxeiro, que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa.

Requisitos para participar

Para facer a inscrición no Corpo Europeo de Solidariedade as persoas interesadas deben ter 17 anos, aínda que só poderán participar no proxecto cando cumpran os 18. Nos proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade poderán participar persoas de ata 30 anos.

A inscrición pode facerse a través deste formulario: https://europa.eu/youth/SOLIDARITY_es

Tras un sinxelo proceso de inscrición, realizarase a selección dos participantes, que poderán incorporarse a unha ampla gama de proxectos relacionados, por exemplo, coa axuda á prevención de catástrofes naturais ou á posterior reconstrución, a asistencia en centros de acollida de solicitantes de asilo ou outros problemas de tipo social.

Os proxectos do Corpo de Europeo de Solidariedade terán unha duración comprendida entre dous meses e un ano. Polo xeral desenvolveranse dentro dos Estados membros da Unión Europea.

Consulta máis información nestas ligazóns:

 

  1. Comisión Europea. Solidaridade da UE. https://ec.europa.eu/info/eu-solidarity_es
  2. Corpo Europeo de Solidariedade. https://europa.eu/youth/SOLIDARITY_es
  3. Preguntas frecuentes. https://europa.eu/youth/solidarity/faq_es