Este proxecto dache a posibilidade de vivir unha experiencia vital no estranxeiro botando 3 meses traballando e vivindo en Portugal, Italia ou Polonia.
Andas xustiño de cartos? Non "controlas" moi ben os idiomas? Sen problema! Os custes de viaxe, aloxamento, seguro e manutención no teu destino están cubertos, non os teñen que pagar as persoas participantes! Ademáis recibirás apoio lingüístico e cultural tanto do equipo de Xeración como do seu socio de acollida para que a túa integración sexa o máis doada posible.
Como participar? Estes son os requisitos:
- Ter entre 18 e 30 anos.
- Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.
- Residir en Galicia.
- Non estar a traballar.
- Non estar a recibir ningunha acción formativa (universidade, curso do paro, ciclo…).
- Con motivación para descubrir outra cultura, lingua e maneira de traballar.
- Terán prioridade aqueles que nunca fixeron practicas formativas.
Para que sectores se oferta?
- Hostelería e restauración.
- Servizos sociocomunitarios.
- Electricidade e electrónica.
- Instalacións e mantemento.
- Impresión e deseño gráfico.
- Mecánica e mantemento de vehículos.
- Xestión administrativa.
- Educación e formación.
Queres máis información? Clica nesta ligazón e visita a web de Xeración.