O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2015 no Programa "Campus Científicos de Verán" para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que se desenvolverá en varias universidades, entre elas a de Vigo e a de Santiago de Compostela.
Que requisitos tedes que cumprir para poder aproveitar esta oportunidade?
- Naces despois do 31 de decembro de 1997
- Cursar no ano escolar 2014-2015 4º de ESO ou 1º curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois
- Unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 7,50 puntos
Cando van ser estes cursos? Estes Campus terán ligar do 28 de xuño ao 25 de xullo de 2014, en 4 quendas de 7 días de duración cada un. Cada quenda comezará o domingo pola tarde e durará ata o sábado a mediodía.
Este é o calendario previsto:
- 1ª quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 28 de xuño ao 4 de xullo
- 2ª quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 5 ao 11 de xullo
- 1ª quenda de estudantes de 4º de ESO: do 12 ao 18 de xullo
- 2ª quenda de estudantes de 4º de ESO: do 19 ao 25 de xullo
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
- Universidade Autónoma de Madrid
- Universidade Carlos III de Madrid
- Universidade de Castela-A Mancha
- Universidade de Extremadura
- Universidade de Granada
- Universidade de Las Palmas de Gran Canaria
- Universidade de Huelva
- Universidade de Murcia
- Universidade de Oviedo
- Universidade Politécnica de Cataluña
- Universidade Rovira i Virgili
- Universidade de Salamanca
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Sevilla
- Universidade de Valencia
- Universidade de Vigo
Onde se presentan as solicitudes? As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
Ata cando vos podedes presentar? O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2015.
+ Info:
- no BOE do 25 de febreiro de 2015 e en www.campuscientificos.es