NOVAS

Percorre Europa en tren con InterRail

Publicado o 21 de Abril de 2014

InterRail é unha maneira diferente de viaxar por todo Europa. Poderás descubrir moitos sitios novos, coñecer xente... Só é necesario que ensines o teu pase InterRail e poderás subir e baixar de moitos trens deste continente.

InterRail é unha maneira diferente de viaxar por todo Europa. Poderás descubrir moitos sitios novos, coñecer xente... Só é necesario que ensines o teu pase InterRail e poderás subir e baixar de moitos trens deste continente.

Son moitos os destinos ós que podes chegar con esta modalidade de viaxe, por exemplo: Austria, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Rep.Checa, Dinamarca, A.R.Y Macedonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Grecía, Hungría, Irlandia, Italia, Luxemburgo, Montenegro, Países Baixos, Noruega, Polonia, Portugal, Rumania, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza e Turquía.

A que estás agardando? Achégate a cada un deles e descubre as diferentes culturas.

Hai dúas modalidades de pase para viaxar: InterRail e Eurail. Para usar o primeiro deles, só debes ser residente europeo e ter vividos en Europa polo menos 6 meses, antes do primeiro día que viaxes co pase. O segundo é para os non residentes en Europa.

En canto as tarifas de prezos: son variables en función dos días que se vaia a viaxar, e tamén, depende das idades:

  • Os viaxeiros xóvenes de 12 a 25 anos que viaxen en segunda clase terán un desconto do 35% no pase
  • Os nenos de 4 a 11 anos obteñen un desconto do 50%. Os menores de 4 anos viaxan GRATIS.
  • Os viaxeiros cunha idade mínima de 6 anos obteñen un desconto do 10% nos prezos de adulto.

 

Para información máis precisa: http://es.interrail.eu/