NOVAS

Piscina municipal de A Gándara: baño libre ata o 22 de xullo

Publicado o 05 de Xullo de 2016

A piscina municipal da Gándara abrirá as súas portas durante boa parte do mes de xullo para sesións de baño libre.

Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que subliñou que hai varios anos que as instalacións permanecían pechadas nos meses de xullo e agosto pero que nesta ocasión abrirán “co fin de atender as peticións formuladas por usuarios das instalacións”.

Así que xa sabedes, temos a piscina aberta de luns a venres, entre as 9:15 e as 12:15 horas. Cada quenda será de 45 minutos:

  1. 9:15 a 10:00 horas.
  2. 10:00 a 10:45 horas.
  3. 10:45 a 11:30 horas.
  4. 11:30 a 12:15 horas.

O acceso á piscina poderá realizarse co bono de baño libre ou tamén retirando a entrada dez minutos antes de cada turno na conserxería do pavillón da Gándara.

O edil naronés destacou o esforzo realizado este ano desde o Concello para poder manter abertas as instalacións durante este período. Romero animou á veciñanza a acudir á piscina nesas datas para “continuar dando uso ás instalacións durante parte do verán, algo que non se viña facendo nos últimos tempos e que consideramos que no caso de que finalmente a aceptación se corresponda coa demanda rexistrada, haberá que analizar a viabilidade de manter en vindeiros anos”.

As instalacións pecharán o 22 de xullo.

Vémonos na auga! Deixádeme pasoooo!