NOVAS

“Ponte en ruta con nós”: o prazo para anotarse na andaina e comida de confraternidade remata mañá 28 de xuño

Publicado o 27 de Xuño de 2016

Interésache participar na andaina e na comida de confraternidade do vindeiro domingo día 3?

 Con estes dous eventos finaliza o programa municipal "Ponte en ruta con nós", se tes interese en acudir podes inscribirte ata mañá 28 de xuño de 2016.

Para asistir hai que abonar 15 euros por persoa, que cubre:

  • Desprazamentos en autobús a Pedroso.
  • Seguro.
  • Xantar das persoas participantes: paella, churrasco, café, postre e bebida.

Onde podes inscribirte?

  1. As inscricións formalízanse no pavillón polideportivo da Gándara, mañá en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 horas, sendo preciso pagar por adiantado.

A ruta

As persoas participantes sairán das inmediacións do antigo Concello de Xuvia o domingo ás 11.30 horas, para dirixirse ás inmediacións do muíño de Pedroso. Na súa área recreativa terá lugar o xantar comunitario sobre as 14.00 horas.

O percorrido a realizar na andaina, duns oito quilómetros, discurre polas marxes do río Xuvia e as persoas que queiran deixar o seu coche en Pedroso, para irse á hora da tarde que estimen oportuna desde alí, deberán presentarse na área recreativa para saír en bus ás 10.50 horas cara a Xuvia, para iniciar a ruta co resto do grupo.

Vémonos o domingo!