NOVAS

Prazas de intercambio en Roccavaldina, Sicilia.

Publicado o 20 de Abril de 2015

A Asociación de veciños Camino Real, de Galicia como socia dun proxecto de Erasmus+: Xuventude en Acción oferta prazas para participar nun intercambio xuvenil que organiza o Concello de Roccavaldina.

Asociación de veciños Camino Real, de Galicia como socia dun proxecto de Erasmus+: Xuventude en Acción oferta prazas para participar nun intercambio xuvenil que organiza o Concello de Roccavaldina.

Cantas prazas se ofertan? Ofértanse catro prazas.

En que datas se vai desenvolver este intercambio? Do 20 ao 27 de maio de 2015.

A quen vai destinada esta actividade? Aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Quen o organiza? O Concello de Roccavaldina.

Que países participan? Reino Unido, Croacia, Estonia, Italia, Portugal, Romanía, España e Eslovaquia.

Cal será a cota de participación? A cota de participación será de 150 €.

Que gastos cubre a organización? Os gastos da viaxe (ata 270€), aloxamento, manutención e os derivados da realización das actividades no marco do intercambio.

Requisitos para a inscrición? Deberanse mandar os seguintes datos ao correo tutora_ali@yahoo.es:

  • Nome e apelidos (según figura no documento identificativo co que se vaia viaxar)
  • Enderezo (según figura no documento identificativo co que se vaia viaxar)
  • Localidade
  • DNI ou pasaporte
  • Data de nacemento
  • Teléfono móbil de contacto e teléfono de contacto en caso de emerxencia
  • Correo electrónico
  • Manifiesto de se queres recibir ou non máis información sobre outros intercambios

Recibida as solicitudes a entidade organnizadora poñerase en contacto por correo electrónico con todos/as solicitantes comunicando a obtención ou non de praza.

Onde podo pedir máis información? Para máis información mandar un correo a: tutora_ali@yahoo.es