A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 15 prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso académico 2015/2016.
Cantas prazas hai dispoñibles?
- Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG terá 4 prazas.
- Ourense: Florentino L. Cuevillas contará con 5 prazas.
- Vigo: Altamar disporá de 6 prazas.
Cales son os requisitos para solicitar as prazas?
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da UE, ou ser extranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
- Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
- Ter unha renda media familiar que non supere o 150% do IPREM do ano en curso.
- Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
- Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
Que é o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples)? É un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou subsidio de desemprego. Para o 2014 fixouse en 532'51€ mensuais.
Ata cando está aberto o prazo para as solicitudes? O praxo estará aberto ata o 4 de xuño de 2015.
Onde se tramitan as solicitudes? Poden tramitarse en https://sede.xunta.es
RESIDENCIAS: