NOVAS

Premios de xornalismo sobre violencia de xénero para a mocidade.

Publicado o 11 de Novembro de 2013

Injuve, coa colaboración da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, convocou os "Premios de Periodismo Joven sobre Violencia de Género 2013"

Este organismo quere recoñecer os traballos que mellor contribuísen durante 2013 á defensa e difusión dos valores contra a violencia de xénero nas modalidades de Xornalismo Impreso, Xornalismo Dixital e Xornalismo Audiovisual (Radio e Televisión), Gráfico, Curtametraxes e Publicidade. Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con tres mil euros (3.000 €).

Quen poden participar? Poderán tomar parte nestes Premios, de forma individual ou colectiva, até un máximo de tres compoñentes, mozos e mozas de nacionalidade española e todas aquelas persoas legalmente establecidos en España, cuxa idade non supere os 35 anos en 2013.

Cando e onde presentar a documentación? A Resolución da convocatoria publicouse no BOE do mércores 23 de outubro de 2013. A inscrición nestes Premios pode realizarse desde o 24 de outubro até o 16 de novembro (ambos inclusive) en www.periodismojoven.injuve.es

Aquí podedes descargar o díptico informativo esta iniciativa: