O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVII Certame "Mozos Investigadores" para 2014, dirixido a:
- estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio
- Bacharelato e Formación Profesional
- membros de asociacións xuvenís
Os requisitos necesarios son:
Non ter cumprido 21 anos a 30 de setembro de 2015 e ter máis de 14 anos a 1 de setembro de 2015, non ter completado máis dun ano de estudos universitarios no momento do Certame Europeo (setembro 2015) e ter desenvolvido o proxecto de investigación con anterioridade ao inicio dos seus estudos universitarios
Os posibles premios son:
- Premio Especial do Certame Mozos Investigadores, de 6.000 €.
- Ata un máximo de oito primeiros premios, de 4.000 € cada un. Destes premios, cinco están destinados a premiar os mellores traballos das áreas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas, Ciencias da Terra e da Vida e Tecnoloxía e Enxeñaría.
- Ata un máximo de oito segundos premios, de 3.000 € cada un.
- Ata un máximo de dez terceiros premios, de 2.000 € cada un.
- Premio de 3.000 € á memoria mellor avaliada.
- Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un.
- Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará no ano 2015
Entragaranse tamén premios por parte de entidades patrocinadoras e haberá Mencións de Honra
O prazo para a presentación será ata o 13 de maio de 2014. As persoas que desexen tomar parte neste certame deberán cubrir o formulario de forma telemática, a través da páxina www.injuve.es
Máis información no BOE do 23 de abril de 2014 e en www.injuve.es