A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou, o pasado martes 3 de xuño, en rolda de prensa o ;Encontro Local da Mocidade 2014, que se celebrará na tarde do venres 6 de xuño, na Casa da Mocidade (A Gándara).
Está prevista a participación de 150 mozos/as tanto de Narón coma da bisbarra e doutros puntos de Galicia.
A quen vai dirixido este evento? Principalmente ás persoas que teñan entre 14 e 30 anos de idade, e que queiran pasalo ben entre as 16:00 e as 00:00 horas!
Nesta 12ª edición do Encontro da Mocidade, o Concello de Narón promoverá as seguintes actividades dirixidas á xuventude:
- Exhibición-obradoiro de Grafiti.
- Concertos lanzadeira dos grupos “Bulldozer”, “Wolfram”, “Rook” e “Neurótika”, que habitualmente empregan as aulas de ensaio da Escola da Música Moderna.
- Obradoiros de tuneado de camisetas.
- Obradoiro de Tenis de Mesa.
- Exhibición de Zumba.
- Obradoiro de Tiro con Arco.
- Obradoiro de Patinaxe en liña.
- Obradoiro de “Flag-Fútbol”.
- Exhibición de Jugger.
- Obradoiro de Surf.
- Obradoiro de Nutrición.
- Obradoiro de Accesibilidade (Baloncesto en cadeira de rodas). “Proxecto Peciños”.
- Obradoiro de Taichí.
- Actuación de Miscelánea (grupo de artes escénicas con mozos/as da comarca).
Ademais, se as circunstancias metereolóxicas o permiten, realizaranse tres actividades no exterior da Casa da Mocidade:
- Minicircuito de karts.
- Obradoiro de BTT.
- Exhibición de patinaxe agresivo e skate.
Iso non é todo... Paralelamente ó Encontro da Mocidade, instalaranse tres stands informativos da Asociación xuvenil “Xeración”, a Asociación de Parkour, e a Carpa "Xplora Xuventude" da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Así mesmo, colaborarán de forma voluntaria os seguintes grupos e asociacións:
- Grupos de graffiteiros.
- Grupos de música das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna e alumnado.
- Club Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’.
- Club Arco Narón.
- Grupo de patinadores/as e BTT.
- AVV As Regueiras do Feal.
- Escola de Surf Pantín.
- Especialistas en Taichí, Jugger e Flat Fútbol.
- Asociación de Minusválidos de Narón.
- Asociación xuvenil “Xeración”.
- Asociación de Parkour.