A vixésima oitava edición do Certame Intercentros do Concello de Narón terá lugar o 26 e 27 de abril no Pazo da Cultura; onde asistirán un total de 783 estudantes.
O organizador do evento deste ano, coa colaboración do Concello, é o CEIP de Gándara.
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que a programación deste certame se iniciou o pasado mes de febreiro, e rematará o 16 de maio no Auditorio municipal, coa entrega de premios.
Taibo tamén destacou que o obxectivo deste certame non é fomentar a competitividade; se non que serve como preámbulo para o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.
A edil de Ensino desprazouse a mañá do 26 ao Pazo, entre as 10 e as 12:40 horas, onde se reuniron 162 alumnos e profesores, para ver os resultados dunha parte dos traballos presentados.
Ademais, o alumnado de diferentes centros educativos subíronse ao escenario para presentar os seus traballos según a modalidade: Canción, Teatro e Monólogo.
Na xornada do 27, entre as 10 e as 13:30, un total de 621 rapaces de Infantil e 1º e 2º de Primaria, presentarán os seus traballos de Canción e Teatro.
En función dos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos; os participantes puideron elixir entre as modalidades de Cómic, Conto e Conto Ilustrado, Narrativa, Murais, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Expresión oral e Canción en galego.
No Pazo da Cultura poderá verse ata o 19 de maio unha exposición cós traballos realizados por alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria dos centros públicos de Narón.