No DOG do 8 de abril de 2016 publícanse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
No DOG do 8 de abril de 2016 publícanse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a Campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:
En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).
- Campamentos:
Por quenda de quince días: 140 €
Por quenda de doce días: 113 €
Por día: 14 €
- Albergues e residencias:
Por quincena: 189 €
Por día: 20 €
En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Campamentos:
Actividades náuticas (por quenda de doce días): 207
Actividades náuticas (por quenda de oito días): 108
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de doce días): 176
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de oito días): 101
Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días): 207 €
Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días): 108 €
- Albergues:
Actividades náuticas (por quenda de doce días): 232 €
Actividades náuticas (por quenda de oito días): 118 €
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de doce días): 222 €
Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas (por quenda de oito días): 113 €
Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días): 222 €
Actividades turístico-deportivas (por quenda de oito días): 113 €
- Campos de traballo:
Ámbito autonómico e nacional (por quenda): 110 €
Ámbito internacional (por quenda): 110 €
Polas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en calquera época do ano, dirixidas a mozos/as no eido da educación non formal e do ocio educativo alternativo.
Por participante e día: 25 €
Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) establécense os seguintes prezos por persoa:
- Pensión completa
Ata 30 anos: 25 €
Maiores de 30 anos: 29 €
- Aloxamento
Ata 30 anos: 9 €
Maiores de 30 anos: 13 €
- Almorzo
Ata 30 anos: 3 €
Maiores de 30 anos: 3 €
- Xantar ou cea
Ata 30 anos: 8 €
Maiores de 30 anos: 8 €
- Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.
Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes).
-
Residentes internos:
Cuarto dobre: 324 €
Cuarto cuádruplo: 250 €
Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.
Uso de pavillón polideportivo cuberto/hora: 25 €
Uso de pistas polideportivas descubertas/hora: 10 €
Uso de piscina non climatizada/hora: 3 €
Uso de material náutico. A gasolina será por conta do/a solicitante:
Un barco de vela media xornada: 7 €
Un barco de vela unha xornada: 14 €
Unha embarcación pneumática de motor media xornada: 14 €
Unha embarcación pneumática de motor unha xornada: 26 €
Unha canoa media xornada: 5 €
Unha canoa unha xornada: 9 €
Polo uso de locais ou salas.
- Sen equipamento:
Media xornada: 15 €
Unha xornada: 25 €
- Con equipamento electrónico:
Media xornada: 30 €
Unha xornada: 50 €
- Con equipamento informático:
Media xornada: 40 €
Unha xornada: 70 €
- Media xornada é unha mañá ou unha tarde, cun máximo de catro horas.
- O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.
Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:
- Acampadas: 4 euros/día e persoa
- Actividades recreativo-culturais en albergues:
31 euros/día/grupo de ata 50 usuarios/as.
46 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios/as.
77 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios/as.
144 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios/as.
Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á mocidade
Carné Xove: 6 €
Carné alberguista xove: 6 €
Carné alberguista adulto/a: 13 €
Carné alberguista grupo: 16 €
Carné alberguista familiar: 21 €
Carné teacher (ITIC): 9 €
Carné internacional xove (IYTC): 9 €
Carné student (ISIC): 9 €
- A expedición destes carnés será gratuita para aquelas persoas cunha discapacidade igual ou mayor aou 33%, así como para as mulleres víctimas da violencia de xénero, xunto cos seus fillos ou as persoas que estean baixo a súa tutela. Neste caso a situación deberá acreditarse.
- Desconto por familia numerosa: do 50% sobre sobre os prezos das actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no programa Campaña de verán.
- Desconto por Carné Xove: do 25 % nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Este especificarase no folleto de cada actividad.
- Desconto a asociacións xuvenís e a entidades prestadoras de servizos á mocidade: un 50% sobre os prezos desta orde que sexan aplicables a grupos.