A Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar o programa educativo extraescolar “Promedex 5”
que se desenvolverá nos centros de ensino públicos de Narón de novembro de 2014 a maio de 2015, coa participación de alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e familias.
En que consiste este programa? Son obradoiros educativos de reforzo de diferentes áreas :
- idiomas
- números e letras
- novas tecnoloxías
- igualdade
- música
- habilidades sociais
- artes gráficas
Onde se realizan? Se levarán a cabo nos centros escolares de Narón e na Casa da Mocidade.
Os centros participantes son os seguintes:
- CEIP A Solaina
- CEIP Ponte de Xuvia
- CEIP A Gándara
- CEIP Piñeiros
- CEIP Virxe do Mar
- CRA
- CPI O Feal
- IES As Telleiras
- IES Terra de Trasancos
Cales son os obxectivos destes obradoiros municipais “Promedex 5” ?
Os obxectivos son dous:
- Favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ó alumnado
- Procurar que aproveite o tempo extraescolar adquirindo as competencias básicas que esixe a sociedade actual
Cantas prazas hai?
- O Concello oferta 15 prazas por grupo no Obradoiro de Arte e Cultura Urbana (graffitti), Canción Xuvenil e Escolas de Familias.
- Hai 10 prazas para o Obradoiro Xogolinguas, Obradoiro de Reforzo Escolar "Reforzatic" e o Obradoiro de Xogo Popular e Activación Saudable.
Onde nos podemos inscribir? Os interesados poden inscribirse nos propios centros, ou ben no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello).
En que horarios se van a desenvolver as actividades? As actividades desenvolveranse en horario extraescolar (de 16:00 a 20:00 horas) con unha hora por sesión dous días á semana, agás a Escola de Nais e Pais (que poderá ter dúas horas de duración por sesión e concentrarase un día á semana) e o Obradoiro de Voces e Música e Arte e Cultura Urbana (no que as sesións terán unha duración de 90 minutos).
Quen van ser os docentes? Os encargados de impartir estes obradoiros serán diplomados/as en Educación Social, pedagogos, psicopedagogos, mestres en Educación Infantil, filólogos, mestres en Educación Física, monitores de xogos populares, etc…