O obxectivo do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de 80 mozos e mozas menores de 30 anos
Nesta 2ª edición será levado a cabo nas localidades de Lugo, Ferrol (Ferrolterra), Santiago e Vigo. O obxectivo do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de 80 mozos e mozas menores de 30 anos das localidades anteriormente descritas, que non están empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación e que estén rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O programa, totalmente gratuito, consta de 4 fases ben diferenciadas nas cales se potenciarán as capacidades personais e de autoemprego dos mozos e mozas, mediante a motivación, a formación grupal e individualizada e o mentoring.
OBXETIVOS DO PROGRAMA
- Fomentar a cultura emprendedora e intraemprendedora.
- Favorecer a transformación de ideas en proxectos concretos.
- Facilitar a incorporación ao mercado laboral.
EN QUÉ CONSISTE
Consta de 4 fases descritas a continuación:
FASE 1: TALLERES DE MOTIVACIÓN
- 80 alumnos, 20 por localidade.
- 4 horas de taller de motivación.
- Data: Outubro de 2017.
FASE 2: FORMACIÓN PRESENCIAL
- 80 alumnos, 20 por localidade.
- 40 horas de formación grupal.
- Data: de novembro a decembro de 2017.
- Módulos formativos:
- MÓDULO 1: Habilidades (6 horas).
- MÓDULO 2: Deseño de Servizos e Solucións (6 horas).
- MÓDULO 3: Modelo de negocio (6 horas).
- MÓDULO 4: Comunicación e Marketing Dixital (6 horas).
- MÓDULO 5: Plan de Negocio (12 horas).
- MÓDULO 6: O Profesional 2.0 (4 horas).
FASE 3: TUTORÍAS PRESENCIAIS E ONLINE
- 80 alumnos, 20 por localidade.
- 8 horas presenciais e 8 horas online individualizadas.
- Data: de novembro a febreiro de 2018.
FASE 4: MENTORING PRESENCIAL E ONLINE
- 80 alumnos, 20 por localidade.
- Presencial:
- 4 horas/ 80 alumnos (4 talleres)
- 8 horas/ 10 alumnos en empresas
- Online Individualizadas:
- 4 horas/ 80 alumnos
- Data: de xaneiro a febreiro de 2018
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
- Totalmente gratis.
- Correo electrónico: formacion@fundaciongaliciainnova.org
- Teléfono: 881 929 102
- Páxina web: http://fundaciongaliciainnova.org/proemga/
- Formulario de inscripción.
Documento | Tamaño |
---|---|
PROEMGA 2 - INFORMACIÓN | 1.82 MB |
PROEMGA 2 - FASES | 691.88 KB |