NOVAS

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais de Galicia

Publicado o 11 de Marzo de 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019.

Requisitos para participar:

  • Ter entre 18 e 30 anos.
  • Residir en Galicia.
  • Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade.
  • Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

Consulta a as bases do programa no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/16295-programa-de-voluntariado-xuvenil-en-espazos-naturais

Máis información no seguinte teléfono: 881 999 567