NOVAS

Programa DeporNadal 2015: prazo aberto ata o 16 de decembro

Publicado o 14 de Decembro de 2015

O programa municipal DeporNadal 2015, convocado a través do Padroado de Deportes de Narón é proposta multideportiva dirixida a nenos e nenas empadroados no noso concello, de entre 6 e 12 anos.

Estás nesa franxa de idade? Tes algún aamigo ou amiga desa idade? Inscríbete ou cóntallo!

Estas actividades desenvolveranse en instalacións deportivas durante os vindeiros días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro de 2016.

As actividades son de balde e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o día 16 de decembro na conserxería do Polideportivo Municipal da Gándara, onde deberán entregar a pertinente solicitude –que se pode descargar das páxinas web: www.naron.es e www.padroadodeportesnaron.com- entre as 09.00 e as 13.00 e de 15.15 a 23.00 horas. Poderán anotarse en todas as actividades que o desexen, das doce que se ofertan, e non hai límite de prazas.

Cada día realizaranse dúas actividades, sempre en horario de mañá, sendo a primeira entre as 10.00 e as 11.30 e a segunda de 11.30 a 13.00. 

  1. O vindeiro 21 será o turno das de Voleibol e Judo no polideportivo da Gándara.
  2. O día 22 as de Tiro con arco e Patinaxe no Pavillón da Mocidade.
  3. O 23 as de Baloncesto e Balonmán no polideportivo da Gándara.
  4. O 28 as de Atletismo e Natación no polideportivo da Gándara. 
  5. O Campo da Serra será o lugar onde se desenvolverán, o día 29, as sesións de Fútbol sala e Tenis de mesa.
  6. O mércores 30 programáronse as sesións de Pádel, que serán dunha única xornada de tres horas, de 10.00 a 13.00. Neste caso, os participantes de 6 a 9 anos deberán presentarse ás 10.00 horas no Scholl Padel Center (Avenida Jesús Fernández Pita), no polígono de Río do Pozo e serán recollidos no mesmo lugar ás 13.00 horas; se ben os nenos e nenas de 10 a 12 anos terán que facer o propio, á mesma hora, no Pádel San Mateo (Lugar da Igrexa s/n), a onde voltarán ás 13.00 horas. 
  7. O luns 4 de xaneiro será o turno do Golf, tamén cunha única xornada de tres horas, de 10.00 a 13.00, nas instalacións de Club de Golf Campomar, no Val.

Como mola, non si? Mistura de deportes para o noso Nadal!