NOVAS

Programa Internacional de Bolsas High School

Publicado o 07 de Outubro de 2013

En que consisten estas bolsas? Pois podedes pasar un ano académico en Estados Unidos!

Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega convocan a quinta edición do Programa Internacional de Bolsas High School.

En que consisten estas bolsas? Pois podedes pasar un ano académico en Estados Unidos!

Todos e todas? As bolsas están dirixidas a dirixido a estudantes de 4º de ESO que pertenzan a un centro académico de Galicia no momento da solicitude.Os e as estudantes seleccionad@s teredes a oportunidade de cursar en Estados Unidos os estudos equivalentes a 1º de bacharelato (Grade 11 no sistema de Estados Unidos).

Ata cando nos podemos inscribir? Xa podedes! Bulide! Dende o 4 de outubro de 2013 ás 12:00 horas até o 18 de novembro de 2013 ás 20:00 horas.

Queredes máis información sobre estas bolsas? Podedes atopalas na web: www.becashighschool.org. Nesta páxina tedes á vosa man a información sobre as condicións de inscrición, o formulario de solicitude, os prazos, o contido da bolsa, así como información complementaria.

As ides deixar escapar? Nooooooon...bulide! Go Narón go!