Mediante o Programa "Líderes de futuro"
Mediante o Programa "Líderes de futuro", pertencente á Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; desenvolveranse diversas accións, formativas e prácticas, co obxectivo de mellorar as competencias e habilidades dos mozos e mozas galeg@s. Así facilitarase a empregabilidade dos mozos e mozas e promocionarase o futuro dos e das profesionais de Galicia, potenciando o liderado profesional, social e cultural.
Para este programa ofértanse 50 prazas, destinadas a mozos e mozas galegos/as, entre os 18 e os 30 anos que pertenzan polo menos a un destes colectivos:
- Emprendedores nalgunha actividade profesional por conta propia no ano 2015: 15 prazas.
- Mozas e mozos galegos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil: 15 prazas.
- Mozas e mozos galegos líderes de asociacións xuvenís inscritos no rexistro de entidades xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e membros de grupos informais que participaran en proxectos de Educación non Formal: 20 prazas.
Como e cando facer a inscrición?
- O prazo de inscrición vai do 9 ao 21 de febreiro de 2016.
- As prazas adxudicaranse por orde de inscrición ata esgotar as prazas ofertadas.
- Toda a documentación necesaria para a inscrición debe enviarse a través do enderezo: lideresdefuturo@xunta.es
A inscrición a este programa é gratuíta.
Se estás interesado/a e precisas máis información podes descargar o folleto informativo e o formulario de inscrición ao pé desta páxina.
Documento | Tamaño |
---|---|
Formulario_LiDERES_DO_FUTURO.docx | 295.54 KB |
Folleto_Lideres_de_futuro.pdf | 316.27 KB |