A Universidade de Santiago, ven de comunicar que se impartirá unha nova edición do programa “Santander YUZZ - Jóvenes con ideas” no campus de Santiago e, como novidade este ano tamén, no campus de Lugo!.
A convocatoria das novas prazas para o programa Santander YUZZ, orientado á promoción do talento de mozas/os de entre 18 e 31 anos, con ideas de negocio, permanecerá aberta para a vosas inscricións ata o próximo 2 de decembro. Esta iniciativa do Banco Santander pretende impulsar o talento novo e a xeración de ideas innovadoras a través da web www.yuzz.org.
Este programa é unha oportunidade para formarse de balde e adquirir habilidades profesionais e os coñecementos necesarios para sacar adiante unha idea da man de expertos en activo. Xunto á formación presencial en innovación, liderado, finanzas, mercadotecnia ou modelos de negocio, entre outros, un titor encárgase de asesorar ao emprendedor durante todo o programa.
Unha vez finalizado o proceso de formación os mellores estudantes de cada un dos centros Santander YUZZ viaxarán a Silicon Valley, a meca mundial da innovación. Ademais, os tres mellores proxectos de todo o país recibirán unha dotación económica para axudarlles a pór en marcha o seu negocio:
- 30.000 € para o primeiro premio.
- 20.000 € para o segundo.
- 10.000 € para o terceiro.
- E o premio YUZZ Muller dotado con 20.000 €.
Santander YUZZ está promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e a colaboración a nivel local de máis de 100 entidades públicas e privadas.
Documento | Tamaño |
---|---|
Carteles.pdf | 616.04 KB |