Xuventude Promete é un programa da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.
Cal é o obxectivo? Con esta iniciativa preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.
En que consiste? Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.
Cal é o prazo de inscrición? O prazo de inscrición estará aberto do 15 de xaneiro ao 9 de febreiro.
Podedes encher o formulario de inscrición nestas ligazóns:
- Formulario de inscrición na Modalidade I: Individual http://xuventude.xunta.es/2014013015060/xuventude-promete-2015-modalidade-i-individual.html
- Formulario de inscrición na Modalidade II: Acceso a centros http://xuventude.xunta.es/2014013015061/xuventude-promete-2015-modalidade-ii-aberta-a-centros.html
Descargade máis información aquí: