NOVAS

Programación cultural do último cuatrimestre do ano do Padroado de Cultura

Publicado o 09 de Setembro de 2011

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, presentaron en rolda de prensa a programación de teatro e música que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura.

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, presentaron en rolda de prensa a programación de teatro e música que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura.

En total está prevista a representación de 23 espectáculos (16 representacións teatrais e 7 actuacións musicais) que en conxunto suman un orzamento de 130.583 euros, aportados polo Padroado de Cultura de Narón (65.799 €),  Agadic (50.330 €), a Deputación de A Coruña (11.870 €) e a Compañía de Teatro Residente de Narón (2.583 €).

Segundo explicou o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, a posta en escena desta programación supón “un esforzo económico moi importante, pero que xa tíñamos previsto e que manteremos ó longo do ano 2011 porque para o Concello de Narón a cultura ocupa un lugar prioritario dende sempre”.

Sánchez Fojo destacou a elevada calidade das obras teatrais e dos concertos musicais que se poderán ver no auditorio de Narón neste cuatrimestre. “Só no mes de outubro, por exemplo, temos cinco representacións teatrais das que tres son estreas”, salientou.

A programación cultural deste cuatrimestre é a seguinte:

SETEMBRO

  • Venres 16 e sábado 17: Teatro (drama). “Unha hora na vida de Stefam Zweig”. Compañía Lagarta-Lagarta.
  • Venres 23 e sábado 24: Teatro (comedia). “Américan Café”. Compañía Teatro do Morcego.
  • Venres 30: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego.

OUTUBRO

  • Sábado 1: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego.
  • Venres 7 e sábado 8: Teatro (Comedia). “E.R. Algún día traballaremos xuntas”. Compañía Teatro do Atlántico.
  • Sábado 15: Teatro (Comedia). “El viaje del actor”. Compañía Arte Promociones Artísticas.
  • Domingo 23: Música. Concerto de Amaral “Hacia lo salvaje”.
  • Venres 28 e sábado 29: Teatro (Comedia). “O florido pensil”. Compañía EME2 Emoción&Arte.

NOVEMBRO

  • Xoves 3: Música tradicional e clásica. Rosa Cedrón e Cristina Pato. “Muller”.
  • Sábado 5: Teatro (Comedia). “Kungfundidos”. Compañía Bucanero Teatro-Airapro Produccións.
  • Xoves 10: Música Celta. Susana Seivane. “Os soños que volven”.
  • Sábado 12: Teatro. “Contraacciones”. Compañía Carallada Show-Prem Teatro.
  • Xoves 17: Música Popular urbán galega. Marful. “Manual de Seducción”.
  • Sábado 19: Teatro (Comedia). “Atra Bile”. Compañía Ningures Producción, S.L.
  • Xoves 24. Música folk-fusión. Quinteto Bellón/ Maceiras. “Unión das terras”.
  • Sábado 26. Teatro. La Rous. “El refugio”.

DECEMBRO

  • Xoves 1: Concerto de Blues-Rock. Victor Aneiros.
  • Sábado 3: Maxia. O Mago Teto representa “Novas Tolemaxias”.
  • Sábado 17: Música Rock. Di Elas-Di Elas. “Presentación Di Elas”.