NOVAS

Programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día de Narón

Publicado o 16 de Novembro de 2016

Onte día 15 de novembro o alcalde de Narón, José Manuel Blanco e a Concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, presentaron os actos programados na localidade con motivo do Día de Narón que se conmemorará o mércores 23 de novembro.

Onte día 15 de novembro o alcalde de Narón, José Manuel Blanco e a Concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, presentaron os actos programados na localidade con motivo do Día de Narón que se conmemorará o mércores 23 de novembro. As actividades programadas terán lugar entre os días 18 de novembro e 26 de novembro. Estes eventos serán moi variados e desenvolveranse en diferentes localizacións do noso municipio.

A programación completa darase a coñecer o luns día 21, se ben deixámosvos un avance dalgúns eventos que se deron a coñecer:

  • Dia 18 - 21:00 - Celebración da XXVIII Gala do Deporte de Narón no Pazo da Cultura
  • Día 19 - Homenaxe a tres empresas locais de Narón: Megasa, Tranvías de Ferrol e o Grupo Intaf
  • Día 19 - Representación da obra "La asamblea de las mujeres"
  • Día 23 - 12:00 - Nomeamento como Fillo Adoptivo de Narón ó escultor luso Manuel Patinha
  • Día 23 - 17:30 - Festival Pequemiúdos, na Praza 23 de novembro, en Santa Icía (A Solaina), dirixido ás nenas e nenos, que terán oportunidade de realizar instrumentos musicais con materiais de refugallo nun obradoiro
  • Día 23 - 17:30 - 18:45 - Actuación do grupo de música infantil Gramola Gominola
  • Día 23 - 20:00 - Entrega dos premios do "VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón"
  • Día 25 - Marcha Ciclista Escolar
  • Día 25 - Ofrenda floral no Monumento á Muller na Praza da Gándara
  • Día 25 - Concerto soul do grupo Freedonia no Pazo da Cultura - entradas a venda na billeteira do Pazo
  • Día 26 - 17:00 - Homenaxe o exalcalde naronés Antonio Martínez Aneiros, así como a presentación da rúa que levará o nome do exalcalde "Complexo Social Antonio Martínez Aneiros” aprobada pola corporación no pleno

 

Non vos esquezades de estar atentos e atentas á publicación da programación completa o vindeiro día 21 de novembro!