Estábades agardando polo programa de actuacións deste ano para o Pazo da Cultura?
Xa o temos nas nosas mans...veña vai! Volo pasamos en PDF para que o poidades descargar!
Queredes un anticipo? Queredes saber quen nos vai visitar? Imos ter un pouco de todo...aquí vos deixamos algunhas pingas de cultura!
- Maxia: O mago Martín Varela vainos presentar o seu novo espectáculo "Manifesto". Será o domingo 17 de novembro ás 20:00 horas...esa é a data prevista, pero ollo...que é un mago, coa mesma fai desaparecer os días da semana...ou a Gayoso no Luar!! http://martinvarelaonline.blogspot.com.es
- Concertos: Imos ter moita música, entre a xente que nos vai vir dar a nota está Sés (https://es-es.facebook.com/mariaxosesilvar), que nos vai presentar o espectáculo “Sés, banda completa 4 músicos”, será o 28 de novembro ás 20:30 horas
- Teatro: O mellor teatro vai pasar por Narón como todos os anos...Mofa e Befa (http://www.excentricas.net/es/mofa-e-befa), Teatro do Atlántico (http://www.teatrodoatlantico.com) , Lagarta Lagarta (http://www.lagartalagarta.blogspot.com.es/ ), Talía Teatro (http://www.taliateatro.es),...
Tamén teredes danza, ópera, monólogos...que é o que máis vos gusta?
Se queredes máis información podedes achegarvos ao Pazo da Cultura (na Rúa Holanda, s/n, na Urbanización Ciudad Europa); chamar ao teléfono 981391144 ou escribir un email a: p.cultura@naron.es
A pasalo ben!
Documento | Tamaño |
---|---|
Actuacións 2º semestre 2013.pdf | 126.91 KB |