Por mor da elevada demanda que se está a rexistrar, as persoas interesadas disporán dun prazo maior para rexistrar a súa solicitude.
Lembrámosvos que hai para elixir entre 8 Escolas Culturais de corte tradicional do Padroado, en función da idade dos rapaces e rapazas, e ás 4 Escolas Artísticas.
As Escolas tradicionais nas que vos podedes inscribir son:
- Danza tradicional ou Canto e pandeireta (para nenos e nenas a partir de 5 anos)
- Gaita ou Percusión tradicional (desde os 6 anos)
- Acordeón e Zanfona (a partir de 8 anos)
- Construción de instrumentos (desde os 16 anos)
- O Recuncho dos Pequechos (para menores de 3 e 4 anos)
As modalidades ofertadas a través das Escolas Artísticas son:
- Teatro (a partir de 4 anos)
- Debuxo (desde 6 anos)
- Cursos de Acceso na Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16 anos)
As persoas interesadas en asistir a algunha das escolas culturais, tanto de corte tradicional como artístico, poderedes anotarvos:
- Nas oficinas do Pazo da Cultura
- Ata este venres, 7 de outubro
- Horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 e desde as 17.00 ata as 19.00
- Os sábados de 10.00 a 13.00
- O prezo é de 63,10 euros ao ano por cada un destes cursos, podendo aprazar o pago as persoas que se matriculen en tres escolas ou máis
No caso da Escola de Actores e Actrices, as matriculacións para cada un dos 3 cursos que se imparten teñen un prezo de 208 euros e a actividade de Bailes de Salón, a patir de 4 anos, custa 31,60 euros a matrícula, sendo preciso neste último caso pagar unha cuota de 15 euros ao mes.
Así mesmo, tamén o día 12 abrirá o prazo de matrícula nas escolas de música da Asociación Cultural Musical Sementeira, permanecendo aberto ata o 24 de setembro.
- Música en movemento (para nacidos no 2010 e 2011)
- Iniciación á linguaxe musical (no 2009)
- Linguaxe musical (do 2008 e anos anteriores)
- Linguaxe musical para adultos
- Coro infantil (complementario a Linguaxe musical)
- Harmonía
A todas elas súmanse tamén as de Especialidade de instrumentos (frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión)
Para todas estas actividades as matrículas deberán formalizarse na:
- Oficina da Asociación Cultural Musical Sementeira –no segundo andar do Pazo da Cultura-
- De luns a venres entre as 11.00 e as 13.00 e de 17.00 a 19.00
- Os sábados de 11.00 a 13.00
Os prezos de matrícula son:
- 68 euros en cada unha das actividades
- Cuota mensual de 10 ou 20 euros, dependendo da opción elixida (é obrigatorio a cota de socio, de 25 euros anuais)
- A cota establecida para os instrumentos das clases é de 10 euros ao mes para os nenos e nenas e de 35 euros para os adultos, cunha matrícula tamén de 68 euros
Para recibir máis información chamar ao número de teléfono 699 458 267.