PROTEGETE é unha aplicación desenrolada polo Centro de Seguridade en Internet para os menores de España.
Consiste en poñer á disposición dos menores de idade unha Liña de Axuda e Liña de Denuncia, que lles permita pedir e obter axuda en situacións como:
- As usurpacións de identidade
- Acoso escolar en internet (ciberbullying)
- Os insultos, calumnias e ameazas
- A presenza de contidos ilegais ou daniños
- O acoso sexual cara á menores (grooming)
- Calquera outra situación na que algo os faga sentir mal durante a súa navegación por internet
A Liña de Axuda é atendida por profesionais: avogados, psicólogos e expertos en seguridade. Pode ser empregada de maneira anónima e é totalmente gratuíta.
A aplicación tamén se atopa dispoñible para os pais/nais e centros escolares que precisen axuda e orientación sobre problemas que poidan afectar ós seus fillos/as e alumnos/as, sempre en relación con internet.
Para máis información: http://www.protegeles.com