NOVAS

Queredes ler a Revista nº 7 de Dameuntoke?

Publicado o 07 de Outubro de 2013

Boas rapaces e rapazas de Dameuntoke!

Boas rapaces e rapazas de Dameuntoke!

Que pasou? Non puidestes conseguir en papel a revista número 7 de DMTK? Non choredes máis! Xa a temos subida á rede para que a consultedes cantas veces queirades, ¡e a descarguedes!

Lembrades os contidos? Non? Pois fagamos un repaso, está chea de boas historias:

  • Parkour, a arte do desprazamento: A que non sabiades que en Narón hai un grupo de traceurs do mellorciño de España...que digo de España? Do mundo! Pois así como o escoitades...estivemos falando con Erick, Antón e Cristian. Queredes velos en video? http://www.youtube.com/watch?v=6wk6ibgGek8
  • X Encontro Local da Mocidade: O pasado 15 de xuño tivo lugar o noso xa tradicional Encontro da Mocidade. Estivemos repasando todas as actividades que alí desenvolvimos.
  • Consellos para mercar un computador ou un mobil de última xeración: Mercar un destes aparellos pode resultar un pouco embarullado. Que factores debemos ter en conta?
  • Como nos afectan os cambios no sistema educativo?: Queres saber en que consisten as reformas e os cambios no sistema educativo? Toca ler...

 

Ademais como sempre contamos coas nosas seccións habituais: o Sabías que...? e o Que me recomendas?

Que? Está chula e interesante, non? Pois non tedes máis que clicar aquí para botarlle unha ollada: http://issuu.com/sdweb/docs/demauntoke-n7-web