No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un intercambio a Sicilia-Italia.
O obxectivo deste intercambio é facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais, medioambientais e lingüísticas e así ser quen de comprender a diversidade cultural e medioambiental, e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais.
O intercambio realizarase entre o 27 de abril e o 4 de maio de 2017. Poderán gozar desta experiencia un total de 10 persoas que irán acompañadas por un coordinador ou coordinadora. O intercambio localizarase xeograficamente no termo dos 13 municipios do Consorcio Intercomunale de Valli Joniche da provincia de Mesina.
Quen pode participar? Mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran nos tres últimos anos de A Xuventude no Mundo.
Cando podes facer a inscrición? Dende o 29 de marzo ao 5 de abril. Bulide!! Tedes que facelo mediante envío do formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
A admisión será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
Que inclúe?
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
As actividades organizadas pola entidade de acollida son as seguintes:
- Coñecemento da entidade de acollida (Consorcio de 13 concellos do Val Joniche).
- Workshops diversos sobre medio ambiente.
- Percorrido cultural polos principais monumentos dos concellos de Pagliara , Mandanici, Itala,Ali,Terme,Scaletta Zanclea, Nizza de Sicilia, Rocalumera.
- Visita as cidades de Taormina , Giardini Naxos e Castelmola.
- Tour polo volcán Etna.
- Conferencia sobre aforro de enerxía.
- Visita a unha Fiandeira.
- Cea internacional siciliana- galega/española e italiana,
Que temos que pagar se acadamos unha praza?
- Os gastos de desprazamento dende Galicia ata o lugar do intercambio.
- A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro médico que dea cobertura equivalente durante a duración do intercambio.
Se precisas máis información:
- Xuventude.net: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11029-a-xuventude-no-mundo-edicion-2017-intercambio-xuvenil-a-sicilia-italia
- Email: galeuropa@xunta.gal
Formulario de solicitude