NOVAS

Queres participar nun intercambio en Alemaña?

Publicado o 20 de Xaneiro de 2017

A Asociación Xuvenil Xeración busca 5 mozos ou mozas para unha experiencia de intercambio subvencionado en Hagen, Alemaña, do 6 ao 14 de abril

A Asociación Xuvenil Xeración busca 5 mozos ou mozas para unha experiencia de intercambio subvencionado en Hagen, Alemaña, do 6 ao 14 de abril. Trátase dunha actividade organizada dentro do proxecto de Erasmus+ "Brexit, what the fuck??".

O obxectivo deste programa é respostar ás seguintes preguntas: como reaccionou o noso país ao BREXIT?, que entendemos por nacionalismo? cal é o futuro da UE? que son os valores europeos? estanse a aplicar?, como son as relacións da UE cos seus veciños? Estes temas de actualidade internacional serán abordados dunha maneira divertida a través de simulacións, actuacións, xogos e excursións. No proxecto participarán máis de 40 mozos procedentes de Estonia, Moldavia, Rusia, Bielorrusia, Xeorxia, Austria ou Alemaña.

As persoas interesadas deben ter entre 18 e 25 anos, ser residentes en España  e ter un nivel de inglés suficiente para poder comunicar (B1), cunha actitude participativa e motivación de traballar no tema.

As condicións para participar son:

 

  • Aloxamento e comidas están cubertos para toda a duración do proxecto.
  • As persoas seleccionadas terán que mercar os seus voos e, unha vez acabado o proxecto, se recibirán o custo total ata un máximo de 170 euros.
  • Tes que darte de alta como socio de Xeración.
  1. Para máis información visita a web da Asociación nesta ligazón: http://xeracion.org/vete-gratis-de-intercambio-a-alemania/