NOVAS

Realización o sábado 8 e domingo 9 de xuño, do evento local LUG HACK WEEKEND nas instalacións da Lug Open Factory en Lugo (Rúa Pintor Corredoira 4) A actividade será desenvolta pola Lug Open Factory en colaboración co Proxecto Atlantic Youth Creative Hubs

Publicado o 21 de Maio de 2019

A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro sábado, día 25, unha nova actividade infantil, dirixida neste caso a nenas e nenos a partir de catro anos

 A actividade programouse para conmemorar o Día Mundial de África –que se celebra cada 25 de maio- e terá lugar a partir das 11.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse dende hoxe ás 16.00 horas de maneira presencial nas instalacións da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.

Descubrimos África é o título desta actividade, na que se porá de manifesto a realidade política, social e cultural deste continente. Os nenos e nenas coñecerán características propias de África como as súas xentes, tradicións e costumes, fauna e tamén lugares e persoas destacadas dese continente. Trátase dunha proposta multidisciplinar na que se contará unha lenda popular africana e se realizará un obradoiro no que se reproducirá un obxecto característico dunha das tribus africanas.

Os nenos e nenas que desexen participar deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes, tal e como se require neste tipo de actividades.

As propostas infantís desta semana chegarán tamén á ludoteca da Solaina, donde mañá pola tarde, entre as 18.00 e as 19.00 horas, os menores de 3 a 13 anos poderán aprender cantigas e xogos tradicionais galegos.