O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu o pasado 8 de novembro unha recepción ó Club de Baile Deportivo (CBD) de Narón, por ter acadado o segundo lugar no Campionato de España de Baile Deportivo 2014.

Este evento celebrouse o pasado 19 de outubro en Guadalajara, e no mesmo o CBD de Narón logrou o título de Subcampións de España na categoría de clubs.
O rexedor naronés desprazouse ata o Pazo da Cultura para realizar este homenaxe ó club, posto que é neste lugar onde realizan os ensaios. José Manuel Blanco entregoulles unha placa conmemorativa do seu logro.