A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas maiores de 18 anos, co que pretende fomentar a participación e solidariedade entre a poboación, adquirir unha formación non formal no ámbito das actividades formativas
Neste programa poderanse realizar tarefas como:
- Colaborar na elaboración e dinamización da información xuvenil nos Institutos, centros culturais, parroquias e concellos que abrangue o Espazo Xove.
- Colaborar nas actividades organizadas polo Espazo Xove.
- Propoñer actuacións para desenvolver nos espazos que redunden en benefício da mocidade da zona.
- Colaborar e propoñer actividades que fomenten a participación e a creatividade.
- Colaborar na organización de obradoiros , actividades de solidariedade, campañas informativas, etc...
- Colaborar e propoñer todas aquelas iniciativas que sexan de interese para a xuventude e que redunden nunha mellora dos servizos que ofrecen e poidan ofrecer os Espazos Xove.
Con estas tarefas, preténdese que os voluntarios adquiran experiencia non ámbito xuvenil, na organización, xestión....
Ao acabar coa colaboración nestes espazos, os voluntarios recibirán o certificado da Dirección Xeral de Xuventude, que acreditará a experiencia no programa.