NOVAS

Redución das axudas da Deputación

Publicado o 17 de Xuño de 2013

O Pleno do Concello de Narón ven de instar ó Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, a recibir ás entidades asociativas de Narón que teñen solicitada unha entrevista co máximo responsable da administración provincial, ante o descoñecemento dos motivos que propiciaron os recortes nas subvencións que estas entidades recibirán con respecto ó ano 2011.

O Pleno do Concello de Narón ven de instar ó Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, a recibir ás entidades asociativas de Narón que teñen solicitada unha entrevista co máximo responsable da administración provincial, ante o descoñecemento dos motivos que propiciaron os recortes nas subvencións que estas entidades recibirán con respecto ó ano 2011.

Este acordo foi aprobado no Pleno Ordinario celebrado o 30/05/2013, a través dunha unha moción presentada polos grupos políticos de TEGA, PSdeG-PSOE, BNG e Grupo Mixto de apoio ás entidades asociativas de Narón. Esta  moción foi aprobada por tódolos grupos políticos, agás o PP que votou en contra. No seu texto, ínstase ó presidente da Deputación de A Coruña a que reciba no menor prazo posíbel ós integrantes do movemento asociativo de Narón, logo de ter reducido as contías das subvencións da Deputación a estas asociacións con respecto ó ano 2011. Tamén se lle reclama a entrega dos expedientes de valoración relativos aos programas dos que participaron como entidades concorrentes.

Ao entender de numerosas entidades locais, na convocatoria de subvencións da Deputación do ano 2012 (publicadas no BOP do dia 22 de marzo de 2013) reflíctese unha clara discriminación das entidades de Narón, cunha importantísima redución nas contías respecto ó ano 2011, que cos datos que se manexan, estarían representadas no cadro seguinte:

 

AREA

2012

2011

Incremento/redución

%

Agrarias (Promoción económica)

 

11.978,61€

 

47.688,33€

 

-35.709,72€

 

-74,88

Cultura

16.294,13€

36.200,00€

-19.905,87€

-54,99

Deporte

16.130,51€

58.750,00€

-42.619,49€

-72,54

Servizos Sociais e Igualdade

 

40.566,21€

 

58.325,45€

 

-17.759,24€

 

-30,45

TOTAL

84.969,46€

200.963,78€

-115.994,32€

-57,72

 

 

Con anterioridade a esta moción, o grupo municipal de TEGA presentou no Pleno Ordinario celebrado o pasado 27/03/2013) outra relativa á concesión de subvencións do ano 2012 a entidades deportivas, que foi aprobada por tódolos grupos políticos con representación municipal (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto) agás a abstención do PP.

A través desta moción, o Concello amosa a súa adhesión ao acordo unánime da Xunta Xeral do Padroado de Deportes –celebrada o 26 de marzo de 2013- no que se decidíu enviar unha queixa por escrito á Deputación de A Coruña, pola falta de interese deste órgano provincial na concesión de subvencións do ano 2012 a entidades deportivas de Narón. Este acordo tense trasladado á Presidencia e aos grupos políticos da Deputación de A Coruña.

O Concello xa ten enviado esta queixa tanto ó Presidente da Deputación coma ós grupos políticos con representación neste órgano de goberno