NOVAS

Residencias de Xuventude para o curso 2016 - 2017

Publicado o 28 de Abril de 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.

Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2016/17: 220 prazas.

LUGO: Centro Residencial Xuvenil"LUG"

  • Estudantes: 60
  • Traballadores/as: 7
  • Violencia de xénero: 7

OURENSE: Florentino L. Cuevillas

  • Estudantes: 45
  • Traballadores/as: 5
  • Violencia de xénero: 5

VIGO: Aitamar

  • Estudantes: 75
  • Traballadores/as: 8
  • Violencia de xénero: 8

O prazo de presentación de solicitudes e

stará aberto dende o 28 de abril ata o 27 de maio de 2016.

As solicitudes descárganse ou realízanse telematicamente dende a sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

 

Requisitos xerais:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
  • Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
  • Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016.

A mocidade estudante, ademais:

  • Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalenteou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
  • Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:

  • Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
  • No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  • No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo: 

  1. Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 
  2. Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

 

Máis información no DOG do 27 de abril de 2016