Ei ti! Que xa a temos na rúa! Xa está aquí, xa chegou...trrrrrrrr, trrrrrrrrrr...tachán! Con tod@s vós: a revista DMTK 11!
A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ven de presentar o número 11 da revista xuvenil "Dameuntoke" de carácter gratuito e dirixida á mocidade de Narón.
Como en edicións anteriores, repartiranse un total de 1.000 exemplares nos centros educativos de Narón:
- I.E.S Terra de Trasancos
- I.E.S As Telleiras
- CPI O Feal
- CPR Ayala
- CPR Santiago Apóstol
Para os niveis educativos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Asimesmo, estará disponible en:
- Pavillón Polideportivo de A Gándara
- Casa da Mocidade
- Pazo da Cultura
- Concello
- Biblioteca Municipal do Alto
- Centro Municipal de Formación
O novo número da revista "Dameuntoke" inclúe, entre outros contidos:
- reportaxe sobre o Club Tenis de Mesa Narón
- reportaxe sobre unha webserie de humor: creada por xente de Narón e con guión e dirección de José Prieto
- reportaxe sobre a a asociación de persoas con diversidade funcional “Vida Activa”
Tamén amósanse 10 aplicacións gratuitas para teléfonos móbiles que axudan á mocidade a estudiar, e un resumo do Encontro da Mocidade 2014.
Xa estamos traballando no número 12! Tedes ideas? Pois aportade, aportade!